Temario e datas

 Temario da Escola de Naturalistas 2016 (provisional):
  • Introdución ao naturalismo. 24-2-16. 20:30 h.
  • Introdución á ornitoloxía. 26-2-16. 20:30 h. Saída: 28-2-16.
  • Anelamento científico de aves.
  • Introdución á herpetoloxía.
  • Introdución á mastozooloxía.
  • Introdución á botánica.
  • Introdución á odonatoloxía: as libeliñas e donceliñas galegas.
  • Introdución á entomoloxía.
  • Iniciación á fotografía da natureza
  • Actividade de fin de curso: mesa redonda
Cada charla e actividade de campo terá unha duración aproximada de 2 e 4 horas, respectivamente. Así, o curso terá unhas 20 h teóricas e 36 h prácticas.

Os formadores participantes nestas actividades son naturalistas de ampla experiencia en cada unha das diferentes áreas tratadas no curso.

As datas das actividades confirmaranse a medida que avance o ano, pero as charlas serán preferiblemente os xoves ou venres a partir das 20:30 h cunha duración aproximada de 2 h, e as saídas de campo terán lugar en fins de semana cunha duración de 3-4 h.

O temario e datas estarán suxeitas a modificacións en función da dispoñibilidade dos poñentes e das condicións meteorolóxicas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario